
Manuel Alfonso Estévez
Se debe, desgraciadamente, a falta de respecto e civismo que escasea e debemos melloralo. Penso eu que estamos ante unha realidade social enorme, pois tamén escasean os comportamentos éticos.
Vello, como son, observo que a mala educación e a falta de modais non ten idade. Por iso non é cuestión de nenos e xoves, transitando por este mundo de Deus, esta problemática e reaccionaria situación. Non. Porque no noso día a día, paseando por cal quer parte, vemos reaccións impropias, e comportamentos pouco éticos, entre homes e mulleres, quen cos seus malos hábitos fan complicada a convivencia. Baste observar as noticias que nos dan as televisións, cos partes de todo o mundo.
Con moita frecuencia me pregunto: A que se deberá? Porque escasea tanto o civismo? E penso, nos pais, na escola, que as veces falla, e non sempre acerta na súa misión cultural, educativa e disciplinaria, comparándoa coa francesa, por exemplo. Porque creo eu, que cando a mala educación toma presenza diaria na nosa vida social e laboral, pensamos que detrás está o desemprego a grosería, a falta de civismo e a falta dos poucos hábitos cívicos, motivo do estrés e da ansiedade. Penso eu. De tal maneira, que a “mala educación”, cada día mais, preocupa para a convivencia: Gritar para falar, meterse na vida allea, humillar, non respectar o mobiliario urbano … e así poderíamos dar mil exemplos desa mala educación.
Non dispoño de datos sobre os comportamentos incívicos que a diario se publican, pero é evidente que, cada día, aparecen secuelas do que falo.
Nos esquecemos dos bos modais, e das formas – como diría – Octavio Paz, do século civilizado.
Hoxe, a “boa educación” que a hai, na realidade constitúe un marco de convivencia e respecto, que deberíamos valorar porque son as bases de civismo. A grosería, dificulta a convivencia, produce dor, e provoca e racha, o principio social, para sentirnos ben.
Mais duna vez me preguntei: Quen nutre a mala educación? E me encontro con algúns factores que así o explican:
– Xentes que non soen respectar os límites alleos.
– Xentes, acostumados a exercer poder e mandar…
– Xentes antisociais.
– Xentes que non respectan as normas básicas da convivencia.
– A “mala educación” en nenos/nenas, e xoves, faltando o respecto os demais.
Conclusión: Facer un bo uso dos modais con respecto os demais, civismo, Moito civismo! E empatía social, para convivir.
O dixo Pitágoras: Si ensinamos os nosos nenos e nenas, de maneira correcta e eficaz, non fará falta castigalos, e para o día de mañá, esta frase pecha unha grande verdade.
Coidemos con todo esmero a empatía social.