ANDRÉS GIRÁLDEZ MONICREQUEIRO DE REDONDELA
Redondela

Andrés Giráldez Río; Monicrequeiro

Na nosa viaxe polo universo cultural da Vila de Redondela non podíamos deixar de falar con Andrés. El defínese como “ monicrequeiro” pero é un artista multidisciplinar entre cuxas facetas temos que salientar que é membro de “Tanxarina”, e un importante actor que dá vida ao famoso “peixe” de Serramoura. Velai vai o que deu de si a nosa charla […]

EDUARDO RODRÍGUEZ: “TATÁN
Redondela

Eduardo Rodríguez: “TATÁN”

Un xornal como A Nova Peneira xa inserido na psique colectiva do pobo de Redondela, tan importante para Nós e tan relevante para a miña conformación como ser humano, non podería deixar de Falar con Tatán. El é un artista en sentido estrito. Fixo cinema, teatro, música poesía…Pero se tiveramos que salientar unha faceta, das múltiples que practica, creo que é ser o pai, de Tanxarina, unha compañía de monicreques de enorme prestixio , gañado con talento e esforzo, no noso país. […]

Os cheiros de Rande
Redondela

Os cheiros de Rande

Calquera viaxeiro que pase pola zona de Cabanas notará un cheiro moi desagradable. Esta situación dáse desde hai moitos anos, pero nos últimos tempos semella que a intensidade do cheiro é maior, e ás veces resulta pouco menos que pestilente. Nós falamos con Venancio, un veciño da zona que nos comenta que os malos olores proceden dunha factoría alí instalada que se dedica ao procesamento de peixe […]

Paula Domínguez Pauleta Concello de Redondela
Redondela

Paula Domínguez “Pauleta”

Paula é unha moza de Redondela, que é a estrela dun dos equipos máis importantes da península Ibérica, e non creo que tarde moito en selo de toda Europa, o Benfica de Liboa. O equipo masculino leva toda a vida na elite do fútbol europeo, pero, nunha mostra máis da discriminación que sofre a muller en todos os ámbitos, o feminino apenas ten un par de anos de vida […]

XXI Festival de Títeres e Redondela
Redondela

XXI Festival de Títeres e Redondela

Desde hai dúas décadas, cada ano, cando agroman as flores de abril a sociedade redondelá agarda ilusionada a unha nova edición do seu festival de títeres que adoita celebrarse nos meses de maio ou xuño. Desta volta a situación sanitaria fixo imposible que se desenvolvese nas datas habituais. Porén o entusiasmo, o interese e a vontade inquebrantable dos seus organizadores logrou que a súa maxia seguira asolagando de ilusión aos corazóns da veciñanza de Redondela, e neste mes de setembro, nun formato máis reducido, puidemos gozar dunha nova edición do festival […]

Samuel Blanco ciclista de Chapela, campión de España da categoría elite
Redondela

Samuel Blanco ciclista de Chapela, campión de España da categoría elite

Samuel é un rapaz de Chapela, iso si fillo de redondelán, que acaba de acadar o campionato de España da categoría elite de ciclismo. Esta é unha categoría antesala do ciclismo profesional, o último chanzo ata competir contra as máximas figuras do pelotón internacional. A vitoria de Samuel é enormemente meritoria, pois o campionato supón unha carreira que se disputa xunto cos mellores ciclistas de España ao mesmo tempo. Computando o concurso dos profesionais, Samuel, obtivo un magnífico noveno posto absoluto. Talento de Chapela en estado puro, é Samuel. Teño a convicción de que pronto o veremos nas escarpadas costas dos Alpes franceses ao carón da elite do ciclismo mundial […]