Xabier P. Igrexas
Vigo

O BNG de Vigo censura que o PSOE se comporte igual que o PP fronte a corrupción

A fronte nacionalista critica que o grupo municipal socialista votara en contra de condenar no Pleno o maior caso de corrupción na historia do Concello de Vigo, polo “enchufe” da cuñada de Carmela Silva, e que se opoña a despregar medidas fronte ao enchufismo […]

Basilio Aragón
Vigo

O camioneiro Basilio Aragón

pendurados nas redes sociais nos que comenta a actualidade política desde unha óptica de esquerdas. Milleiros de seguidores achéganse ás redes de Basilio a coñecer as súas impresións sobre os distintos fenómenos da actualidade e nós non podiamos deixar de coñecelo a el. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa […]

Carmela González BNG
Vigo

Carmela González, deputada do BNG

Carmela é unha experimentada activista no asociacionismo veciñal vigués que ven de estrear responsabilidade orgánica, pois nas autonómicas do 2.020 foi elixida deputada nas listas do BNG. Ela é de Saiáns, a parroquia de Vigo que fai fronteira co Concello de Nigrán. E sendo eu da parroquia veciña, de Oia, non podía quedar sen coñecela en profundidade. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa […]

A arte da tatuaxe ten nome de muller Clara Fontao, tatuadora e pintora afincada en Zamáns
Vigo

A arte da tatuaxe ten nome de muller Clara Fontao, tatuadora e pintora afincada en Zamáns

A Nova Peneira achégase ata a parroquia viguesa de Zamáns para falar con Clara Fontao, unha pioneira no mundo da tatuaxe en Vigo, pois nos seus comezos, hai case 25 anos, foi a primeira muller tatuadora que houbo nesta cidade. Clara é considerada como unha das mellores profesionais do sector, e nós fomos coñecela […]

Ábaco Atlántico detectives privados
Vigo

Ábaco Atlántico detectives privados

Con certeza todos e todas nalgún momento da nosa infancia ou adolescencia sentimos fascinación pola capacidade analítica de Hércules Poirot, polo glamour de Magnum, pola sordidez dos mundos que investigaba o inspector Colombo, polas aventuras e romances dos detectives da serie Luz de lúa. En definitiva quen non pensou, de neno, algunha vez, en ser detective privado? […]

Delegado CIG Barreras
Vigo

Rafael Pérez Castro delegado da CIG en Barreras despedido polo estaleiro despois de 23 anos de servizos

A situación do sector naval na ría de Vigo é enormemente preocupante. A nosa comarca non se pode entender sen o naval, non sería o que é sen un sector tan importante na historia da bisbarra viguesa. Os dous estaleiros privados máis importantes de todo o estado son vigueses, o segundo, Vulcano, está case morto […]

Ricardo Castro SX da CUT
Vigo

Ricardo Castro SX da CUT

Ricardo é un sindicalista vigués que ocupa a secretaría xeral da CUT. Como é tradición na nosa casa achegámonos ata o seu local da cidade olívica para coñecer a súa valoración ao respecto da situación social do noso país e da nosa comarca. E como sempre, Ricardo, atendeunos con moita amabilidade […]