A razón impónse ao delirio

razón impónse ao delirio

Moito se fala estos días de como enfrentarnos como sociedade á pandemia do Covid19,  e a veces parece que relegamos ao esquecemento falar das ausas que orixinan este tipo de pandemias. A comunidade científica acumula evidencias de que a eliminación de  biodiversidade pode ser a causante de que enfermedades acotadas a especies concretas traspasen ao ser humano. Se algo temos que aprender desta pandemia é a coidar e preservar os nosos montes e acuíferos que son custodios imprescindibles da biodiversidade, por iso celebramos o informe desfavorable do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico emitido a primeiros deste mes sobre a Modificación Puntual do PXOM de Mos que promove o goberno municipal de Nidia Arévalo para darlle encaixe legal a expropiación e recualificación dos montes comunais de Tameiga. 

O informe non pode ser máis contundente, xa que non só informa en contra de todos os aspectos competencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil senón que ademais evidencia as graves carencias e deficiencias do proxecto presentado. Algo no que coinciden todas as administracións independentemente da cor do seu goberno. Non só é un plan lesivo para a comunidade, ademais está redactado sen rigor. Está redactado por quen considera o proxecto un feito consumado e se molesta de mala gana a cumplimentar os requisitos legais. Pero o delirio dos promotores deste desastre medioambiental é de tal calibre que non ten cabida até nunha regulación tan laxa coma a nosa. 

A Confederación Hidrográfica conclúe no seu informe os seguinte pronunciamentos:

  • Pronunciamento desfavorable sobre a disponibilidade xurídica da auga para o desenvolvemento do plan que acubilla a Modificación Puntual do PXOM presentada.
  • Pronunciamento desfavorable en canto ao destino das augas pluviais que se xenerarán polo desenvolvemento da modificación puntual, o cumplimiento das normas de calidade do verquido e a  admisibilidade do medio.
  • Pronunciamento desfavorable respecto aos usos permitidos en terreos de dominio público hidraúlico, zonas de servidumbre e policía, e zonas inundables.

No seu informe a Confederación Hidrográfica sinala que hai aspectos do plan do Concello de Mos sobre os que non se pronuncia por ser competencia autonómica de Augas de Galicia.

Calquera persona razonable entendería que se acumulan evidencias sobre o desastre ambiental e urbanístico que implicaría levar a cabo o Macro Centro Comercial nos montes de Tameiga. Pero os promotores lonxe de aparcar o seu delirio, persisten. Proba disto son as denuncias que a interposto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, contra varios veciños por tener pancartas contra o proxecto na fachada das súas casas ou nos muros das súas fincas. Até nos momentos máis duros da pandemia continúa a persecución e acoso contra a veciñanza comuneira que levanta a voz contra o seu delirio. As denuncias buscan só intimidar e amedrentar ás familias comuneiras. Xa vimos como a Xustiza desmontou as anteriores denuncias de Nidia Arévalo contra case unha veintena de veciños e veciñas de Tameiga. 

Cóntanse por decenas as denuncias de Nidia Arévalo contra individuos ou colectivos que se visibilizaron en contra do seu delirio. Nós preguntamos se o Concello de Mos terá presuposto para abordar os costes desta campaña de denuncias porque se o límite reside na vontade de Nidia Arévalo acabaremos con toda a parroquia no xulgado.