A Agrupación socialista acorda por unanimidade non poñer atrancos a redistribución da organización interna de goberno que MS fai da proposta socialista, xa que se adapta aos límites do montante que as socialistas propuxeron ao inicio das negociacións

A Agrupación socialista acorda por unanimidade non poñer atrancos a redistribución da organización interna de goberno que MS fai da proposta socialista, xa que se adapta aos límites do montante que as socialistas propuxeron ao inicio das negociacións

O grupo municipal do PSdG-PSOE de Salceda de Caselas considera aceptada a súa proposta “xa que se axusta aos límites de masa salarial que dende o inicio das negociacións marcamos dunha forma clara na cantidade de 136.360 euros”.

Alégrase o PSOE que agora si lle parecen axeitadas a MS as retribucións e lamentan que MS se instalara no vitimismo e no espectáculo , provocando a innecesaria dilación deste asunto. Xa que esta proposta razoable das socialistas leva tempo sobre a mesa.

O PSOE rexeitou dende o inicio unha subida salarial con respecto á lexislatura anterior, e no mes de xullo xa fixo a proposta que ofrecía dedicacións aos catro concelleiros e concelleiras, ademais dunha persoa de confianza. Creen dende a agrupación socialista que MS buscaba subirse retribucións e trasladar á opinión pública que a oposición quería un goberno sen retribucións, cando a realidade é que non querían aceptar as mesmas e que cobrarán con retroactividade dende a aceptación do cargo.
A voceira socialista Verónica Tourón lamenta que este acordo se prolongara tanto no tempo por mor da falla de procura de consenso e de capacidade de dialogo de MS no proceso de negociación, tanto co grupo municipal socialista como co BNG.

Salceda necesita arrancar e abandonar a parálise na que se viu inmerso o actual equipo de goberno que só se preocupou das retribucións, sen aportar propostas de consenso namentres o goberno do concello se atopaba totalmente desatendido.

Insisten as concelleiras socialistas que actuarán con responsabilidade, facendo unha oposición seria e rigorosa, con propostas en positivo que melloren a vida da veciñanza.