Rematar coa historia do espolio no eólico

Artigo de opinión A Nova Peneira
Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova
Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova

Con maior intensidade a partir da década dos 50 o réxime franquista ocupou os ríos galegos de encoros para a producción hidroeléctrica, modificando o seu ecosistema e provocando moitas veces o asolagamento de aldeas coa conseguinte expulsión da veciñanza.

E todo elo para utilizar esa enerxía para industrializar, urbanizar, e dar beneficios a centos de kilómetros do lugar onde quedaban os impactos negativos.

Ata ben recentemente dábanse casos de lugares que estaban ao carón dun encoro mentras as casas non tiñan luz.

A chegada da democracia, non significou un cambio nesta política, senón que foi unha continuidade na política do espolio dos nosos ríos.

Así as infraestructuras subvencionadas polo Estado e amortizadas, despois de anos cos prezos fixados polo Estado, multiplicaron os seus beneficios coa Lei do Sector eléctrico de Aznar, do ano 1997, en teoría “liberalizadora”, entre moitas aspas, pero que incrementou espectacularmente os prezos percibidos polas eléctricas, cando en teoría, dicían que dita liberalización tiña como obxetivo baixalos.

Nalgúns casos os mesmos ilustres personaxes e empresarios que formaban parte do poder franquista, compuxeron ou compoñen aínda os Consellos de Administración de eléctricas que seguen a contar co favor dos gobernos.

Así, temos ocupados os nosos ríos con encoros que producen enormes beneficios económicos que voan todos os anos fora de Galiza, mentras aquí quedan os impactos nos ríos e non crean ningún tipo de economía local.

A hidroeléctrica forma parte da tarta enerxética galega que en conxunto exporta aproximadamente un terzo da súa producción anual a cambio de nada.

Ésto que conto sintéticamente é algo que xa asumimos como pasado, o pasado do espolio franquista e postfranquista en Galiza e que é preciso superar, loitando por recuperar as concesións para que produzan para todas e todos e non só para uns poucos.

Pasou o mesmo co lignito de Meirama e As Pontes, esquilmados a raíz de decisións tomadas no tardofranquismo.

O grave é que nos últimos 30 anos, e agora co perigo de recrudecerse, estase a producir un fenómeno análogo co sector eólico.Repítese a historia.

Así, a partir dos nosos recursos, o vento e o territorio, e a partir de leis e normativas aprobadas en institucións que deberan velar polo interese xeral, temos un sector eólico concentrado na súa maioría en mans de capital estranxeiro, fondos voitre, bancos, eléctricas e constructoras, que se benefician dun negocio duns 500 millóns anuais.

O novo proceso de ususrpación dos nosos recursos está a pasar diante dos nosos fuciños, unha vez máis.

O que podería ser unha oportunidade de desenvolvemento sostible e de creación de oportunidades no noso rural, acaba entregado, a un grupo reducido de axentes caracterizados sobre todo polas súas boas relacións co poder.

De ahí fichaxes indecentes como o de Beatriz Mato, ex-conselleira, que ficha por Greenalia, unha das empresas que máis parques está a promover no noso país, para ter engraxadas ditas relacións.

A propia Beatriz Mato ten tomado decisións dende a súa Consellería que beneficiaron recentemente á empresa para a que agora traballa.

Un escándalo ocultado polos medios públicos e “concertados”, que mesmo ocultan o incumplimento da Lei de trasparencia e bo goberno aprobada en 2016.

A Xunta de Galicia ven lexislando ao ditado de empresas coma ésta nos últimos anos, nomeadamente coa aprobación da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, máis coñecida e mellor caracterizada como Lei de Depredación , que baixo o falaz argumento de servir para loitar contra a deslocalización de empresas ao norte de Portugal, cousa que por certo non deixa de acontecer, serviu para rebaixarlles os prazos e os requrimentos ás empresas do sector eólico, e dificultar a participación cidadán no proceso de aprobación dos parques eólicos.

Ésto significou unha avalancha de parques eólicos ao longo e ancho do país nos últimos 2 anos que incrementaron en 500 MW a potencia instalada en Galiza.

A patronal eólica manifesta, coa aprobación do Goberno galego, que o seu obxetivo é duplicar a potencia instalada na vindeira década baixo o mesmo modelo espoliador.

O máis sangrante é que si non o impedimos. sucederá, e sucederá coa axuda, por riba, dos fondos europeos de reconstrucción, destinados teóricamente a contrarrestar a crise derivada do Covid-19, e que poden rematar fortalecendo este negocio oligopólico, e axudando a que a historia repita co vento o que xa sucedeu cos nosos ríos.

O vento pode ser unha oportunidade para a nosa economía, para o rural, si se aposta por un modelo democratizado de desenvolvemento onde as administracións públicas e a xente interveña e decida.

Non podemos tolerar repetir a negra historia do espolio unha e outra vez.

Por éso é unha loita na que debemos poñer toda a nosa forza colectiva axudando e acompañando o labor que nos últimos anos veñen realizando demasiado pouco acompañados uns poucos colectivos.

Precisamos a loita na defensa da terra e precisamos plantexar colectivamente unha alternativa política para o sector das renovables democrática, sostible e que sexa motor económico do pobo e non unha ferramenta para o incremento das desigualdades e o abandono do rural.