Compañía de artistas Píscore

Artista Píscore Concello de Redondela A Nova Peneira

A arte desde Galicia para o universo

Marcos Santos

Píscore ,é unha compañía de artistas que tiña programado presentar en Redondela o seu último traballo o pasado día tres, lamentablemente pola enfermidade dun deles tivo que ser cancelado, pero nós uns días antes tivemos a oportunidade e o pracer de conversarmos con eles.

Ben, para quen non os coñeza faládenos un pouco de vós?

Somos a compañía de artistas PÍSCORE ,somos Félix, Diego, Pablo e Pepe e vimos con moita ilusión a presentar este último traballo, un todo resultante da fusión da música, co teatro, o humor a comedia xestual o clown e na que pretendemos obter a interacción do público

De onde procede o nome ?

Ven dun grupo que nos encanta que é Le Luthiers , teñen un número no que falan de Esther Píscore e a nós facíanos moita gracia o número, e é como unha homenaxe. O que si esperamos non ser moi fachendosos poñendo ese nome porque eles son un grupo universal, facémolo con toda a humildade pero con toda a nosa admiración por eles tamén.

Pero o espectáculo non sé é teatro, é música tamén ?

Si por suposto , nós somos músicos somos de formación clásica de conservatorio pero con este grupo queriamos facer algo oposto ao clasicismo

LE LUTHIERS e humor con música pero vos ides máis alá , clown, humor , música e comedia?

Si, a idea era crear algo diferente e saíunos isto e ás veces ata bailamos. É complicado pero nós estivemos moi ben guiados .Contamos cun director de teatro Fran Rei unha coreógrafa Sonia ,e o compositor é don Adrián Saavedra .Somos catro no escenario e por detrás un cantos, e tamén xente que nos aconsella cando facemos pases de proba ou privados e nos din si ou non por aí ou por alá, e contar co consello e a opinión da grande cantidade de persoas que nos axudan e corrixen cando nos equivocamos é fundamental no noso traballo .

Algo que me chama atención foi a voso primeiro espectáculo, chamábase CONCERTO SINGULAR iades pelexando por un instrumento os catro no escenario .

Si, Iso é o que queriamos expresar :a ambivalencia do singular, do singular como un por que

E o seguinte espectáculo e Con-fusión

Si, fusiona musicas estilos e xogamos co que facemos, gústanos xogar cos títulos darlle un dobre sentido sempre e ir a mis aló, iso en certa maneira crea unha gañas de saber ou curiosidade no publico

Vos levades xuntos 4 anos 2016 e o 2017 xa sodes premio do publico no festiclown iso como se fai ?

Iso fixémolo despois dun ano aforrando e xuntando aos nosos primos ….

Ha ha ha ha, pois debedes de ter un feixe de primos e primas?

Non, agora en serio somos amigos desde 20 anos máis ou menos o que si sorprende é que somos persoas con personalidades totalmente distintas e ao final complementámonos estupendamente

A quen lle viu a idea de montar isto os catro e formar a compañía ?

Pois foi unha vez que fomos de vacacións os 4 no coche de alugamento, pensamos en que poidamos artellar un proxecto que non nos dera moito traballo ,algo así como realizar tres ou catro concertos ao ano para facer cartos para vacacións. E, como non quere a cousa chegamos aquí. Cando nos demos de conta isto era un proxecto moito máis importante que un modo de financiar as vacacións

Que expectativas tendes en relación co voso traballo desta tarde en Redondela?

É un traballo que está funcionando moi ben co publico ,que o valora moi positivamente e a nosa ilusión é que poida seguir así.

Que vos gusta mais o clown, o humor, o teatro, a música.. ?

uf, esa pregunta teremos que contestala dentro dalgúns anos..

Hoxe vai estar o voso director Fran Rei ?

Non, el xa sabe como actuamos, el xa nos coñece pero ten plena confianza en nós ,e xa nos deixa ir sós . Ás veces e mellor que non veña porque somos un pouco de improvisar

Entón gústavos deixar algo para a improvisación ?

Segundo como o publico responda tes unha marxe para ir tomando unha ruta de feito temos partes de interactuar cos espectadores deixando que ao final eles se involucren, e para que realmente que todos nos coñezamos como unha gran familia, ao final do que se trata é de pasar un rato agradable divertido e buscar emocións, e que mellor dende o humor ,as risas que nos fan volver a ser cativos e esquecer as preocupacións da vida cotiá

Se alguén quere contactar con vós como pode facelo?

A través das nosa redes sociais ; Instagran e facebook.

Estamos cun proxecto de facer algo de publicidade para penetrar mellor nas capas da sociedade que aínda non nos coñecen, pero aínda está sen definir como vai ser