Os obreiros das Cachadas en folga
I
Os obreiros sentáronse na rúa,
esixindo os dereitos que a fábrica lles nega.
No medio da conciencia nosa e túa,
comidos polo capital que hoxe os anega.
II
Xente insolidaria que mira e pasa.
Ninguén ten dor do irmán obreiro.
Ninguén se cubre, se non chove na súa casa.
Mañá podes ser ti compañeiro.
III
Un esquirol que non ten nome,
come e defende o capital.
Poida ser que mañá pases fome,
por non ser hoxe home, tan solo un traidor animal.
IV
O capital ensina as carrilleiras,
ten un embudo de facer cartos roubados,
para paraísos fiscais nas mans estranxeiras,
que son socios de branqueos atoubados.
V
Irmáns que estades na loita obreira,
por riba das eternas tiranías,
meu corazón sinte xenreira,
porque a razón e a mellor das ideoloxías
VI
Estou coa dignidade vosa,
pola defensa do voso traballo.
Polo dereito de acabar coa raposa,
e enterrar do capital o meigallo.
VII
Comeremos callos e beberemos viños.
o noso corazón e unha protesta.
Fronte a inxustiza unha voz de vos veciños,
e faremos da dor unha festa.
Nos Eidos , 26 de outubro do 2021
Francisco Álvarez Koki