Xa estamos no Nadal

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez.

Dende o meu recuncho de Vigo, cidade vestida con toda a luz do Nadal, as rúas cheas de alegría infantil, música e gran atracción turística, alimentada pola mais fermosa cidade de Galicia, lévame a lembrar aqueles tempos de rapaz, do eido do Casco, en Fornelos da Ribeira, e a Igrexa de San Xoán, coa misa en tempos de paz, pero cheos de fame e miseria, baixo a ditadura franquista.

Hoxe, felizmente as voces dos coros enchen as igrexas de cancións coa alegría das campás, pastores, vilancicos, etc… que predican alegría e os mellores sentimentos. Algo parecido, como A Nova peneira, ¡A Nosa Peneira! Que tanta admiración ten no noso entorno.

Para min, resulta complicado establecer o lugar e a data de tan entrañable festa do Nadal. Si mal non me lembro, foi no século V ata o século XX, como tradición vincular o inverno, pero en cal quer caso, foi Toledo, dando fe dun vello pasado de convivencia e tolerancia,o verdadeiro espírito do Nadal.

¡Que queredes! Tiven a sorte de encontrarme con Sibila, da mitoloxía clásica que vaticinaba o fin do mundo e ¡Xa vedes! Estamos agora coa tormenta do Sol e o “apagón mundial”, e me pregunto: Si non correrá a cargo dalgún rapaz, vestido con túnica branca, cantando estrofas sobre o Xuízo Final, que se perdera na noite dos tempos, e que cada ano precedía a Misa do Galo. Quen non se lembra de Mi burrito sabanero,ou El Tamborilero, por exemplo.

Fora da liturxia relixiosa, ¡Quen non se lembra dos vilancicos cantados na miña aldea de Fornelos da Ribeira, de porta en porta, a cambio dunha pequena esmola! O que hoxe se lle chama “aguinaldo”. ¡Que tempos pasados!

Analizando a evolución que mantivo a costume cristiá do Nadal, de feito, representaba a evolución da poesía o longo da historia. Por iso, se lle chama vilancico ou canto do Nadal, sendo carol, en inglés; noël, en francés, laude, en italiano, e weihnachtslied, en alemán e vilancete, en portugués.

Espero que este ano, o Nadal entre en tódolos eidos do mundo, asi como A Nova Peneira, en tódolos fogares, que é un canto a bondade na defensa da igualdade social, ante o espello da miseria, animando a todos a ser mellores persoas, pensando nos demais fuxindo dos fantasmas do egoísmo para que a sociedade sexa feliz.

Felicito A Nova Peneira e o xornal do Eixo Atlántico, pola visión crítica da realidade, e a complexidade psicolóxica dos persoeiros, cantando o Nadal, 2.021, co propósito de que sexa o Nadal e a Noite de paz, de verdade, e sexa a noite de fe en política tamén. Ata o ano que ven.