
ATAQUE AS PARROQUIAS DE PESQUEIRAS E FORNELOS:
Continua o progreso das accións militares e os feitos delas, dirixidas polo Conde de Castel Melhor, contra os galegos. Pretendía o Conde no só demostrar que tiña gañada e sustentada a praza de Salvaterra, senón que nun alarde de poderío, quixo ir buscar o enemigo onde fore se atopaba, incluso apoderarse doutras prazas.
Ordenou ao Mestre de Campo Diogo de Mello Pereira, sair con mil cincocentos infantes e algunha cabalería, facéndoo na orde seguinte. Saiu o capitán Chistovão Mausinho de Vasconcelhos, con o grupo máis numeroso, chamados os aventureiros, após eles, o capitán Duquiné, con xente de cabalo, na vangarda o Mestre de Campo formada a súa compañía da de Rodrígo de Moura Coutinho e da metade do terzo de Ponte da Lima e Viana. No corpo de batalla ía o capitán Fernão Lobo de Mesquita, que en muitas ocasións ten mostrado o seu valor de bo patricio da provincia, e o tercio de Braga gobernado por Manoel de Sousa de Abreu, coas súas compañías e outra metade do terzo de Viana. Por Sarxento maior desta forza, Roque Mont.
Foi preparado este ataque o dezasete de agosto do ano 1643, dous días despois da conquista de Salvaterra. (Nas fontes das que quen isto escribe, literalmente marca o ano 1644, o cal é un erro evidente).
Saen os portugueses da praza de Salvaterra e pelexan cos galegos no lugar de Pesqueiras e desbarátano. Tomaron o camiño que vai para Ponteareas, marquesado do Sobroso. A menos de media legua da praza de Salvaterra, ofrecíase o lugar de Pesqueiras, a vista do cal apareceu o enemigo que se opuxo os portugueses. Foron envestidos pola cabalería de modo que lle mataron quince homes, ferido outros e o resto librouse polo beneficio dos pes. O lugar foi saqueado e queimado, sinalando ser bon pobo de casas nobles.
Proseguiu o ataque polo camiño de Ponteareas unha legua avante asolando e quimando grande parte da feligresía de San Xoán de Fornelos. Despois disto, deron volta o longo do río Tea que, como sabemos, vai até a ponte da Fillaboa, onde xa, coñecendo o enemigo a importancia de asegurar aquel paso, tiña comezado a fabricar un reducto e formar unhas trincheiras para acuartelarse, (como máis tarde conseguiu).
Foi este reducto diseñado para impedirlle o paso a Castel Melhor deica Tui. Entre tanto, antes de arrásalo, ordenou o Mestre de Campo ó capitán Rodrigo de Moura Coutinho, que coa súa compañía, reforzado de máis xente, envestise as trincheiras da ponte. Fíxoo valeroso, porque dando e recibindo pelouros, gañounas, tendo que deixalas desamparadas o enemigo.
Tamén polo alto da outra banda do río, enviou o Mestre de Campo ós capitáns Monsuir? Marila, Chistovão Mausiño de Vasconcelos e o sarxento maior Roque Mont, tamén co mesmo obxectivo. Estes tiveron que vadear o río até a cintura, pero sendo o camiño máis lonxe, non chegaron a tempo polo rodeo e o río que tiveron que atravesar. Non por iso gañou moito o enemigo porque encontráronse con eles cando se retiraban das trincheiras tiveron estes que fixir para sair do perigo, tornando os nosos valentes a Salvaterra, en cuxa ausencia voltou o enemigo a continuar co seu reducto, sen haber de parte a parte outra matanza. Inda así tratou o Conde recuperar cinco barcos que había unda a ponte da Fillaboa, que en principio non o poideran facer polo lugar onde estaban, fregoso de árbores, e con perido de unha emboscada. O día xa ía gastado e non deu lugar a máis.
Continuou o saqueo e queimaron algúns lugares no día seginte dezaoito de agosto de 1643.
Continuará…
Antonxaque@gmail.com
Salvaterra, maio do 2023
Historia do Portugal Restaurado. Biblioteca Penzol, Vigo.
João Salgado de Araujo, Abade de Pera. Biblioteca Nnal. Lisboa.
