Suspiros de despedida

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Un paso, mais no camiño da vida, e unha páxina mais que significa enA Nova Peneira, o ano 2.026 para quen sofre o novo ano, e unha acta doseu martirio para o que goza de vida, e unha invitación, sen embargo,para o que está terminando. Todos quedarán iguais: “Pobres ericos”. Suspiros de despedida. Nel os uns lembran o pasado e os outroso testemuño doloso da vida. E, todos, confidentes dos misterios edebilidades.

 Asi é a vida. E asi será sempre, si o demo, non o remedia: Gozar esufrir, desexo e tedio. E, por mais que nos empeñemos, non lograremosdarlle unha nova forma a nosa existencia, nin desfacer os moitosagravios que encontramos, que o pasar nos saen, como os andantespolíticos de agora.

Deixemos pois, rodar a roda, e contentémonos con ir recibindo a visitados anos que nos queira honrar coa súa presenza. Ao fin e o cabo, si orecibimos de mal talante, non volverán atrás, de modo que é mellorfacerlle afectuosa acollida, por ver si se pon na nosa devoción: A maltempo boa cara.

Este mes de Xaneiro, tan galego, para nós, é o mes dos propósitos.Non hai fillo na terra que non cumpra o adaxio: Ano Novo, Vida Nova.

 O “estragador” é pródigo, o folgazán incorrixible, o“político veleta”, o “escolar” indolente, e todos,absolutamente todos formamos uns propósitos excelentes, no primeiro deano…

 ¡Ah! Este ano decidimos: “Non a de ser coma o pasado”. Este ano,da emenda (enténdase ben) traballaremos, seremos puntuais,politicamente seremos vos. En fin, logo de tantos propósitos sexa o AnoNovo, mellor cos anteriores, para non desmentir o noso avoengo moral, enon perder o tempo en regalarnos unha boa mariscada.

 ¿Será este ano unha excepción para a HUMANIDADE? Aposto que non.Seguro que este mes de Xaneiro do 2.026 será coma todos pois ven depechar as portas do 2.025 o mais hóspede foi mellor recibido.

 Lémbrome que foi o mes que prestou a Murillo unha das festas parainmortalizalas escribindo sobre o lenzo co seu divino pincel: Unha dasmellores historias de arte. E, o mes que me inicio no berce, logo denove meses de folganza, nesta terra da fortuna, que regala o Premio maisGordo da Lotería.

 E como si isto fora pouco, Os Santos Inocentes celebraron o seu díaneste mes. E que Deus nos libre das grazas do Anxos.

 Lectores de A Nova Peneira: E bo facer un balance do ano pasado, edeixar atrás todo é reflexionar sobre o que nos gustaría encontrardurante este ano que está nacendo.

 As boas intencións para un mesmo, formas e cores, con sensibilidade,personalidade e necesidade, que nos gustaría compartir sobre o quequeremos na vida, durante este ano, que non son mais que desexos esoños, porque coas vellas fórmulas – que xa non funcionan – sonunha invitación ao futuro, pensando en xestionar mellor a vida de formasostible e atractiva.

 En definitiva: “Hai que vivir, e non limitarse a estar vivo”.Sexamos cariñosos e “travesos” as 24 horas do día, recuperemos osesquecidos rituais, e sexamos ser o que un é. Entremos no papel eactuemos como si… teatrolizaramos a situación, a o que queremoschegar e riamos, aínda que esteamos tristes.

 A epidemia do século XXI, coa Soidade, nos condena ao a illamento. Avulgaridade, nos é imprescindible para axudarnos a cruzar a barreira dasuperficialidade. Somos vulnerables e independentemente do que teñamospara ofrecer, o decorado queda no noso corazón, e nos permite servulnerables sen medo: “Que os políticos e gobernantes dos distintosámbitos da sociedade aproveiten o inicio deste Ano Novo, centrados namellora dos servizos públicos, no desenvolvemento económico da nosaterra, e na consolidación dos proxectos que contribúan a mellorar obenestar do pobo, para pechar o ano”.

 Eu, dende o meu recuncho vigués, os desexo ventura e prosperidade paratodos.