O pacto do SAF e a roda que chía

Alberto Pazos secretario do PPdeG
Alberto Pazos

Advertía Ortega y Gasset, nunha das súas mais celebradas sentencias, que toda realidade ignorada prepara a súa vinganza, e poucos exemplos mais acaídos da sabedoría que encerra esta cita orteguiana que a evolución sufrida polo sistema público de dependencia desde que se aprobara, xa fai case vinte anos, a lei que o regula.

O certo é que durante estas dúas décadas, o Goberno de España, independentemente da súa cor, nunca foi quen de cumprir coas obrigas de financiación contempladas na normativa estatal, que establece que debe contribuir ao sostemento da dependencia aportando o 50 % dos seus custes.

A ignorancia desas obrigas financieiras, levou a que a Administración Xeral fora acumulando unha importante débeda coas CCAA´s, sen dúbida, as grandes prexudicadas por este permanente incumprimento, xa que están a compensar co seu esforzo a falla de compromiso estatal.

As consecuencias desta realidade ignorada ao longo de vinte anos cobrouse a súa vinganza en forma dunha mastodóntica débeda coas administracións autonomicas, que no caso de Galicia xa se aproxima aos 3.000 millóns de euros, imposibilitando o completo despregue dos efectos previstos na lei.

A pesares desta realidade, moito temos avanzado neste tempo na implementación e mellora dos servizos asociados á dependencia, e sen dúbida, un dos elementos fundamentais do mesmo é o Servizo de Axuda no Fogar. Un servizo de carácter municipal, tal e como establece a Lei de Servizos Sociais de Galicia, aprobada en 2008 por un executivo constituído por dúas forzas de esquerda, PSdg e Bng, que hoxe cuestionan a conveniencia daquela decisión que elas mesmas adoptaron.

En datas recentes, Xunta de Galicia e Fegamp alcanzaron un acordo que compromete un importante incremento da aportación autonómica para financiar o SAF. Este mesmo ano, o Goberno de Alfonso Rueda achegará 16 euros por hora de servizo, que se convertiran en 17 no 2027, para alcanzar os 18 euros no 2028, o que garante a medio prazo unha correcta prestación do servicio, ao tempo que supón un importante alivio das arcas municipais.

Un acordo, en definitiva, froito do dialogo sinceiro e construtivo entre a administración autonómica e os representantes do municipalismo galego, e que da resposta a unha demanda unánime de todos os concellos, incluídos aqueles gobernados polo Bng, que de forma sorprendente, non dubida en criticar hoxe o mesmo que estaba esixindo ata onte.

As críticas que está a recibir o acordo para a financiación do SAF teñen moi pouco que ver cos intereses das persoas dependentes ou dos concellos, e obedecen fundamentalmente, a comenencias de carácter partidista relacionadas coa extratexia de confrontación e ruido imposta pola UPG tras un novo fracaso do nacionalismo, na súa última tentativa por alcanzar o goberno de Galicia.

En 2021, no seno do Parlamento de Galicia alcanzamos un primeiro acordo para aumentar a financiación da Xunta ao SAF, e as tres forzas politicas con representación parlamentaria, felicitamonos naquel momento polo relevancia daquel avance. Cinco anos despois, acadamos un novo acordo sobre as mesmas bases do anterior, pero mellorando aínda mais a aportación autonómica, e en troques de sumarse, o Bng prefire utilizalo como elemento de confrontación e desgate político.

A pesares disto, Galicia e o seu goberno continuarán avanzando pola senda do dialogo leal e construtivo, conscientes de que os 150 millóns de euros adicionais que acabamos de comprometer, redundaran nun mellor servizo para os mais de 24.000 galegos que hoxe reciben este apoio fundamental nos seus fogares.

Por moito que algúns insistan na extratexia da confrontación, fai tempo que os galegos aprendemos que a roda estropeada do carro, sempre é a que mais chía.

Primer comentario

Deixa a túa opinión