Emiliano Lage Alcalde de Fornelos de Montes
É tradición desta casa , achegarnos no mes de Xullo ata o fermoso concello de Fornelos de Montes a interesarnos polas súas festas de agosto. Desta volta a nosa visita foi diferente, pois ao igual que no resto do país galego, as circunstancias sanitarias que estamos a vivir poñen en serio risco todos os eventos festivos deportivos e culturais deste verán. Porén non quixemos deixar de cumprir algo tan agradable para nós como visitar un dos concellos máis bonitos do mundo e conversar co seu alcalde sobre como viviu a súa veciñanza o confinamento e como está sendo a desescalada […]