Luís Bará Parlamentario autonómico do BNG pola provincia de Pontevedra
Novas

Territorio renovábel e enerxías ao servizo do país

Os grandes poderes económicos son especialistas en apropiarse do discurso e poñelo ao servizo dos seus intereses. Renovábel, sustentábel ou circular son os novos mantras que o capitalismo utiliza para travestirse de verde e supostamente capitanear a preocupación polo medio e a loita contra a emerxencia climática. As mesmas corporacións que fixeron grandes negocios coas enerxías fósiles e puxeron o mundo ao borde do abismo son as abandeiradas da transición ecolóxica e do desenvolvemento sustentábel […]