Pedro Iturralde é un músico navarro de Jazz do máximo nivel mundial. Naceu no ano 1.929, e con 90 anos aínda ten a forza física e mental suficiente para facernos gozar cos seus concertos. Catedrático do REAL CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE MADRID onde ensinou saxofón desde 1.978 ata a súa xubilación en 1.994, é o único español, xunto con Teté Montoliu incluído no dicionario de Jazz de Larousse. Recentemente Pedro tocou en Redondela, e A Nova Peneira non podía desaproveitar a ocasión para falar con el
“TODAS AS MIÑAS COMPOSICIÓNS ESTÁN NA MIÑA CABEZA DESDE O MINUTO 0”
Como é que temos o pracer de gozar da túa compañía en Redondela?
Coñezo a Elisa (directora e percusora da orquestra de saxos) , e xa toquei aquí máis veces e agardo que non sexa a última, xa que estou encantado de poder tocar en Redondela
Fálanos de ti, onde naciches?
Pois mira eu nacín en Navarra, e con sete anos tocaba o saxo pero tamén aprendín a tocar a guitarra e o violín
Logo es un autodidacta da música coma Mozart no piano, por poñer un exemplo…
Non quero facer comparacións con ninguén, comecei de moi novo na música. O Meu pai era músico por natureza e muiñeiro de profesión tocaba moi ben, e del fun aprendendo. Era director dunha banda sempre me ensinaba e corrixía cando non o facía ben, e como era moi querido polos nenos da banda todos me ensinaban.
É vostede pioneiro no Jazz en España non si?
O Jazz era daquela unha música de baile, había cantantes boísimos de Blues. Cando coñecín a escala do Blues que é moi diferente a que coñecemos de Do, Re, Mi, Fa, Sol, La, Si, Do; escala principal en Europa e América. Ao sentirse en liberdade as cantantes de Blues reuníanse na praza do Congo e alí se formaron e se deron a coñecer os músicos de Jazz.
O meu primeiro ídolo foi un saxofonista chamado Colermo hopkins que facía unhas improvisacións de solos que eran unha obra de arte.
E que o Jazz e improvisación dentro duns parámetros non?
A improvisación é unha creación musical espontánea pero sobre unha estrutura rítmico-harmónica determinada.
Entendo que se o Jazz é improvisación é moi complicado gravar un disco, pois nunca sería igual o directo que o gravado
Realmente os músicos de Jazz sabemos improvisar dentro da melodía Sol, Si, Do, Do iso crea compases dentro dunha harmonía, a improvisación é tocar unha melodía improvisadamente
Vostede e pioneiro da fusión Jazz-flamenco…
A min gústame a musica popular de todas as zonas de España de feito tentei facer algo coa música de Navarra. O primeiro disco que fixen quixen chamalo Jazz-flamenco, era tocar cousas do flamenco pero cos sentimentos e ritmos do Jazz. Paco de Lucía fixo o mesmo.
Ala polos 90 Bebo Valdés e o Cigala fixeron unha fusión de Jazz-flamenco cantada, a vostede gustoulle esa versión?
Claro que si, por que non? non coñecían o jazz e fixeron unha versión de flamenco-Jazz, eu facía Jazz-flamenco.
Daquela foi unha revolución…
Eu teño a impresión de que xa daquela a xente coñecía o Jazz e o flamenco, veu que desa a unión funcionou ben. A música tamén e sentir doutro xeito, o flamenco tamén é profundo. O mellor que eu fixen foi unha das cancións populares de García Lorca, toqueina como Jazz con rumba xitana. É flamenco pola esca pero cun acorde funciona como Jazz.
Cree vostede que logo de percorrer tantos países, co idioma da música poderiamos entendernos ben?
Para entendernos todos teriamos que coñecer o idioma, coa música é diferente. A música son unhas notas que todos coñecemos e que fan o papel de unir culturas.
Creou obras de moi novo cal foi a primeira
A pequena Sharda, esta fíxena de moi noviño, normalmente as compoño para Saxo e Piano
E como se fai para que as obras que vostede compón soen tamén en calquera instrumento?
Cando compós un tema primeiro pensas no instrumento e logo vas engadindo, corda, percusión, metais ata que chegas á maior que é a sinfónica.
Pero está todo na súa cabeza ou?
Si así é, dende o momento cero
Hoxe na vila temos un grande tocando con outros grandes como son a orquestra de Saxos e Aberto Vilas…
Para min é un pracer dobre tocar con un pianista como Alberto e cunha orquestra de Saxos como a que dirixe Elisa
Cree vostede, para rematar, si aos xoves talentos se lle dan facilidades para desenvolver o seu traballo poderían aparecer máis e mellore músicos ?
Eu coido que a música nace dentro de un e iso ten que fluír sexa con facilidades ou sen elas con mestres ou sen eles .