Aparcamento Caravanas Concello de Nigrán A Nova Peneira
Val Miñor

O Concello de Nigrán regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia para garantir os dereitos dos caravanistas e dos demais usuarios dos areais

A través dun bando extraordinario e de sinalización na zona, o Concello reserva 30 prazas en cinco aparcamentos das diferentes praias para uso exclusivo de caravanas ou similares […]

Concello de Redondela Día 25 de xullo A Nova Peneira
Redondela

Redondela celebra o Día Nacional de Galicia

Este sábado 25 de xullo o Concello de Redondela organizou o seu tradicional acto institucional para celebrar o Día Nacional de Galicia. A alcaldesa, Digna Rivas, recibiu na Casa do Concello a Guadi Galego, e foi convidada a escribir unhas palabras no libro de honra do Concello de Redondela. Dignas Rivas apunta que “Guadi ten demostrado sempre un gran amor pola cultura galega e unha implicación na loita feminista. Dende o noso concello queremos recoñecela e trasladarlle a nosa forza para que acade máis éxitos de cara ao futuro porque tamén serán éxitos para Galicia” […]

Filmoteca Galega Concello de Redondela A Nova Peneira
Redondela

Redondela inaugura a Filmoteca Galega

O cinema en lingua galega ocupa xa un lugar propio nas viodetecas galegas. Logo dos éxitos acadados polos últimos filmes (O que arde, Longa noite ou Trinta lumes), o Servizo de Normalización Lingüística impulsou esta iniciativa. A proposta trátase de crear un fondo propio baixo o lema “Filmoteca Galega” que incluirá curtas e longametraxes, documentais ou cinema infantil […]

á praia en bici A Nova Peneira
Vigo

Vigo Ciclabel, á praia en bici

A agrupación Vigo Ciclabel da que Ecoloxistas en Acción Vigo é integrante xunto coas asociacións A Golpe de Pedal, ConBici, Verdegaia, ADEGA, Greenpeace, Mulleres Bicivisibeis, Vigo Histórico e Xuventude polo Clima lanzamos unha campaña para fomentar durante o verán o uso da bicicleta como medio de transporte nos desprazamentos ás praias de Vigo […]

A Groba Galiñeiro parque eólico A Nova Peneira
Val Miñor

Un país que non ten prezo

A inclusión dos parques eólicos da Groba e do Galiñeiro nos proxectos industriais axilizados pola Xunta durante a pandemia reabre o debate sobre a necesidade de compatibilizar enerxía renovábel e protección de espazos con valor patrimonial […]