
A Nova Peneira conversa con Xulia M. Barros, unha muller de Cesantes namorada da historia da súa vila, escritora, poeta, psicóloga que ven de escribir o libro a “Árbore dos vagalumes” sobre o que nos fala nesta charla tan agradable.
Marcos Santos
“Fálolle aos nenos e as nenas do que significou para os homes estar presos na Illa de San Simón, dun xeito máxico e doado para que poidan entender que foi o que pasou e como se sentiron.”
Naciches en cesantes non?
Si, de todas as ventás da miña casa mirábase a Illa de San Simón.
Tamén tes algo coa Illa, a túa avoa igual que a miña foron madriñas de San Simón?
Si,a miña avoa tivo un irmán preso na Illa e outro que non sei se chegou a estar preso pero tivo que marchar cara a Arxentina.
Estiveches na Illa nun acto oficial, que sentes ao pisar a Illa?
Moita emoción, é algo moi simbólico, todo o meu imaxinario literario ten que ver coa Illa. Para min a imaxe da illa coa praia de Cesantes son un lugar idílico e máxico.
Que nos conta o teu último libro?
A árbores é ese simbolismo que fala da memoria da familia e de Redondela tamén, dos seus costumes dunha maneira que non lles sexa complexa. O avó, que é o protagonista xunto co neno, converten o cotián en algo máxico e marabilloso. Os avós e as avoas son o fío condutor e os que nos poden guiar e tamén vai desta máxica relación.
Aos rapaces nunca se lles conta a historia máis negra da Illa como campo de concentración Que as institucións traten de embranquecer ese pasado que che parece?
A min paréceme terrible, de feito, nunha parte do libro fálolle aos nenos e as nenas do que significou para os homes estar presos alí, dun xeito máxico e doado para que poidan entender que foi o que pasou e como se sentiron. A Illa ten unha historia e é fundamental que toda se coñeza. É fundamental coñecer a súa historia máis recente para que non se volva a repetir.
Es cantante, escritora de prosa, de poesía, terapeuta de intelixencia emocional. Isto non sei o que é, podes explicalo?
Eu estudei psicoloxía e está moi ben o que estudamos nas escolas pero, ademais, hai que atender a parte humana e cada rapaz e rapaza son diferentes entón hai que traballar sobre a potencialidade de cada un e non que iso sexa unha cousa grupal
Agora tes que mollarte, poesía ou prosa?
A min o que me move é a poesía, esta é a semente de todo o demais. A miña avoa tiña moi boa memoria e incorporou moito da literatura oral, recitaba de memoria as poesías e os relatos e as noites coa miña avoa recitándome poemas é o miña primeira semente, logo cando entro na escola e descubro o mundo marabillosos dos libros xa me namorei deles.
Es máis de libro ou de ebook, agora levase moito?
O meu fetiche e o libro pero tamén incorporei o ebook e todo o que ten que ver con internet. Internet para min e a biblioteca da sabedoría que che da moita liberdade á hora de buscar algo.
Levaches un espectáculo poético-musical máis aló do charco, fálanos disto, Arxentina, Cuba…
Cando saíu o meu libro “Carne y Ceniza” que é poesía social, xunto co libro ía un espectáculo poético-musical. Fixen a presentación no festival de poesía da Habana, logo convidáronme o festival que está dentro do festival de Cosquín de poesía Arxentina, este é un evento de poesía moi importante e marabilloso, isto foi o que estiven facendo por alá.
A túa parella foi uns dos mellores compositores arxentinos?
El foi cantautor. El e Rafael Amor tiveron moito que ver que eu me metera neste circulo de mesas redondas da poesía na Arxentina. Rafael Amor foi o que nos convidou ao festival de Cosquín e foi co que comezamos. Rafa foi unhas das miñas guías ao principio porque aquí érame moi difícil atopar un círculo de poesía fóra dos libros.
Creo que o que estar en Galiza agora é marabilloso, considéroo como o século de ouro da poesía na Galiza. En Santiago hai poetas, homes e mulleres, marabillosos, isto hai anos non existía. Nas novas xeración hai mulleres marabillosas das que estou aprendendo un montón.