
Pipa
Hai xente que nestas alturas do conto, cun pé metido no ano dous mil vinte e dous e cos xeonllos no século XXI, ainda non saiu da caverna.
E non é que ainda non saíran da caverna se non que foron, pouco a pouco, movendo as lindes das terras, derrubado valados, queimando as raices das palabras e soterrando calquera sentimento de pertenza ata convertilo en vergoña.
Os cavernícolas son xente de guindar pedras contras as casas alleas.
Nos últimos meses, andan os cavernícolas un chisco alporizados demais cunhas mulleres galegas que cantan en galego; seica pensaron que movendo os marcos abondaría para silenciar o latexo dun pobo, a sonoridade das vogais e a melodía arroladora da choiva batendo na pedra.
Coidaron os cavernícolas que alén do alcance dos seus sentidos non exitía nin tería porque existir nada máis que o resón dos seus pensamentos. Non embargantes, malia as agresións coitiás que dende os seus púlpitos trousan polas súas bocas prehistóricas e cheos de prexuizos, os pobos resisten, sobreviven e medran.
Andan abraidos os medios de comunicación estatais e redes sociais co descubrimento de Tanxugueiras, un trío de mulleres que ven de poñer a forza da música tradcicional galega nos ollos e boca de todo o mundo. Semella que no estado pensaban que na Galiza só faciamos pulpo á feira, lacón con grelos e cantabamos aquilo de fai un sol de carallo mentras inaugurabamos albergues para peregrinos nos baixos das casas abandonadas.
Pois non podían estar máis trabucados.
Galiza, para moitos dos que se achegan sen prexuizos e sen sentimentos colonialistas rematan por descubrir un pobo vivo, culturalmente rico ,e, musicalmente falando, un universo hípnotico.
Son moitos os artitas, mulleres e homes, moitos nomes, que traballan decotío, en todos os eidos culturais, por tirar das cinzas do olvido os piares dun pobo que resiste labazadas e treboadas.
Alédome polas Tanxugueiras. Alédome polo seu traballo e me aledo se é que esta fiestra eurovisiva abrirá os ollos de mundo.
O outro día falaba cun amigo da miña ledicia que por intres tronaba amargura ao ver, ler e escoitar unha morea de comentarios ofensivos e agresivos respecto o traballo destas mulleres. Bueno, o certo é que non falaban nada do seu traballo, senón das ferramentas empregadas; a lingua, as melodías, os intrumentos, a voz e a alma herdada.
Supoño que si estas mulleres están onde están é porque teñen fortaleza abondo para aturar a toda esa morea de psicópatas prehistóricos que se agochan na caverna anónimadas resdes sociais e medios de comunicación
Non son eu quen de dicir o que está ben e o que está mal, pois falando de gustos musicais podo cometer o erro de xulgar o traballo dunha artista de xeito neglixente. Do que si podemos falar é do esforzo que hai detrás de cada proxecto.
Andan os cavernícolas escocidos guindando pedras contra os nosos tellados, e nós, como xente de ben, que sempre sabemos se subimos ou baixamos, contestámoslles cun ai ala, ai elelo.