Protesta Despido Barreras
Vigo

Continúan as protestas semanais para esixir a readmisión do delegado da CIG no comité de Barreras

Esta mañá continuaron as protestas que cada xoves desenvolve o persoal de Barreras diante das instalacións do estaleiro vigués para reclamar unha solución á grave crise que atravesa a empresa, demandar carga da traballo que garanta súa continuidade e esixir a readmisión do delegado da CIG nocomité, Rafa Pérez. […]

Cea A Nova Peneira Oia
Val Miñor

Suso e Mar gañadores do concurso:”A Nova Peneira convídate a cear”

O pasado sábado 4 de decembro fixemos entrega do premio aos gañadores do noso concurso “ A Nova Peneira convídate a cear”. O concurso gañábao quen primeiro nos enviase, correctamente resolto, o noso encrucillado do mes de outubro, e o premio consistiu nunha cea para dúas persoas no restaurante A Camboa situado no porto de Oia […]

Giovanni Peixoto
Condado

A loita de Giovanni pola súa identidade

Giovanni Peixoto é un rapaz brasileiro de 33 anos de idade e de profesión actor. El naceu en Sao Paulo froito dunha agresión sexual que sufriu a súa nai, cando tiña 17 anos, a mans dun home de 25. Estivo a piques de ser abortado e unha vez nacido moi cerca de ser entregado en adopción, pero cando viu a luz, a súa nai e a súa avoa conmovidas, decidiron que nunca se apartara das súas vidas […]

O son do Pazo
A Louriña

Segundo o PSOE Mos: o PP de Mos minte durante un pleno para tratar de ocultar as subvencións da Deputación para o festival “O Son Do Pazo”

O Goberno local de Mos cruzou un novo límite ético ao mentir abertamente á veciñanza durante o último Pleno municipal, no que chegou a negar a existencia dunha subvención nesta última edición de case 6.000 euros a través do programa de apoio aos festivais de música e de artes escénicas da provincia para o colectivo organizador do Festival O Son do Pazo. A colaboración da Deputación incluíu tamén a participación de grupos de música tradicional con cargo provincial Pontegal e, finalmente, a impresión da “cartelería”. Dita subvención tamén foi solicitada e concedida durante os anos anteriores. […]

Concello de Redondela A Nova Peneira
Redondela

Os sindicatos e o goberno pactan un acordo histórico

Este martes o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal do Concello de Redondela pecharon un acordo co Goberno que califican de “histórico”. A representación sindical sae satisfeita logo de varios meses de negociacións, con fortes tirapuxas, que finalmente deu un resultado moi positivo para o cadro de persoal. Desta maneira, destacan, o acordo recoñece dereitos laborais até o de agora nunca contemplados, como pode ser o complemento de dispoñibilidade […]