Maio chega ao Rosal cargado de actividades culturais
Maio chega ao Rosal cargado de actividades culturais de balde para todos os públicos: monicreques, música, unha exposición e mesmo un espectáculo de tradición oral e palabras cruzadas con tres recoñecidos narradores. A primeira cita será este domingo 2 de maio ás 19.00 horas no Auditorio Municipal rosaleiro, onde o público poderá desfrutar do espectáculo de monicreques de Tarabelos ‘O traxe novo do rei’ […]
