Lores no taller de costura da súa nai
Pontevedra

As memorias de neno labrego do alcalde de Pontevedra

Cando o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, fala da súa nenez, trae a mente o Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Naceu en Sanxenxo en pleno franquismo, no 54, nunha familia de labregos con dúas vacas. A súa nai era costureira, dunha familia con posíbeis de Noalla que non vía con bos ollos que a nena casara con aquel rapaz pobre, fillo de solteira, por moi lido que fose. […]

Conflito no metal de Pontevedra
Pontevedra

Conflito no metal de Pontevedra

CCOO E UXT veñen de asinar o convenio provincial do metal coa patronal do sector. O acordo xerou un nivel de malestar moi elevado no outro sindicato con representación na mesa de negociacións, a CIG , que acusa aos sindicatos asinantes de pasar unha liña vermella como é ceder na pretensión patronal de abonar o plus de eventualidade ao remate do contrato, e non de maneira mensual como se viña facendo ata agora […]

Concello de Ponte Caldelas A Nova Peneira
Pontevedra

Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita

O Concello de Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita por segundo ano consecutivo. A festa máis emblemática de Ponte Caldelas, que tivo a súa 53 edición no ano 2019, e debería celebrarse a última fin de semana do mes de maio non se celebrará en 2021 por responsabilidade. […]

Paco Ferreira Alcalde de Gondomar
Val Miñor

Paco Ferreira Alcalde de Gondomar

O alcalde de Gondomar afronta o seu segundo mandato nunhas circunstancias aritméticas moi diferentes ao primeiro no que tivo que conformar un goberno tripartito con Manifesto Miñor e con CABE, pois nas eleccións do 2.019 as veciñas e veciños déronlle a confianza maioritaria en forma dunha cómoda maioría absoluta. Nós achegámonos ata o concello miñorano e mantivemos unha ampla conversa co seu alcalde para coñecer a súa visión da actualidade política na súa localidade. Velaí vai o que deu de si […]

Podemos pontevedra
Pontevedra

O Consello Cidadán de Podemos en Pontevedra, amosa a súa negativa ao apoio da sinatura do convenio colectivo do metal na provincia

O voceiro provincial, Román González, sinala que, “a sinatura deste convenio, non fai máis que darlle continuidade e consolidar a perda de poder adquisitivo levada a cabo sistematicamente ao longo da última década, e precariza a contratación temporal, e vai en contra das políticas que queremos levar a cabo dende o noso partido” […]

A plataforma ‘A Auga é Vida’, nominadapara o Premio do Cidadán Europeo 2021
A Louriña

A plataforma ‘A Auga é Vida’, nominadapara o Premio do Cidadán Europeo 2021

O Parlamento Europeo xa ten sobre a mesa a candidatura da Plataforma ‘A Auga é Vida’para os Premios Cidadán Europeo 2021.Otraballo realizado para reivindicar a biodiversidade e a protección daaugacomo ben de acceso universalfiguran entre os criteriospara a nominación dun colectivo que naceuhai máis de tres anospara defender os mananciais e o patrimonio natural do concello de Mos fronte ás pretensións de construír un macrocentro comercial en terreoscomunaiscualificados como “rústicos de protección forestal” […]

Redondela

Os Birlos celtas en Soutomaior

Os birlos celtas son un xogo tradicional galego. Segundo publica o escritor Miguel Anxo Mouriño a interferencia do castelán substituíu a palabra tradicional galega polo castelanismo “bolo”. É na zona do Val Miñor onde ten unha presenza máis salientable, aínda que tamén podemos atopalos en distintas comarcas da montaña luguesa […]

Sara Lorenzo Concello de Mos
A Louriña

Unha pandemia que pode con500 anos de historia

Ao longo do ano que levamos convivindo coa COVID-19, púxose de manifesto a fraxilidade e falta de coordinación de moitas das principais estruturas do país. Máis alá da política e dunha mellor ou peor xestión desta, hai certas estruturas base que polo seu fin formativo, non acostuman a saír nos informativos, o sistema universitario é unha delas. […]