A Mesa pola Normalización Lingüística
Novas

“Ese dialecto no lo entiendo”, A Mesa tramitou 219 queixas por vulneracións de dereitos lingüísticos da cidadanía galega no 2020

Máis da metade das reclamacións refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas ao Servizo Galego de Saúde, especialmente incrementada pola situación de emerxencia sanitaria vivida durante o ano 2020, e á propia Xunta de Galiza […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Sin categoría

Rogelio Estévez Cambra na memoria de Salvaterra

Hai uns días, mercando na carnicería de Fita Carrera, Salvaterra, cadrei con dous veciños de Fornelos da Ribeira, (a nai de Fita tamén é desa parroquia). Comezamos falando da apenas iniciada e nunca acabada ponte entre esa parroquia e a pontareá Nogueira, acabamos falando de Don Rogelio Estévez Cambra, egrexio fillo desa freguesía. O caso é que ninguén dos presentes coñecía ese persoeiro, iso animoume a facer este pequeno traballo. […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Comunismo ou DGT

Vivir nunha organización social, chamémoslle democracia, é como circular pola rede de estradas. Hai quen defende que as direccións prohibidas coartan a súa liberdade e salta as liñas continuas ao crer que o seu desexo de chegar cinco minutos antes está por riba da seguridade de quen se cruza no camiño. […]

BNG A Nova Peneira
Redondela

O BNG de Redondela responsabiliza ao actual e anterior goberno do deterioro dos Servizos Sociais

Dende a organización nacionalista, consideran que chegouse a un colapso da área única e exclusivamente pola deriva a que a somenteron tanto os goberno do PP, como o actual PSOE-AER. “Conciben os servizos sociais, como unha concesión para determinados colectivos, polo que non priorizan actuacións de calado no seu día a día”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González […]

CEIP Porto Cabeiro
Redondela

O Colexio de Porto Cabeiro en Redondela no olimpo dos colexios de Galicia

O colexio de Porto Cabeiro resultou gañador dun premio convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia co gallo das conmemoración das letras galegas deste ano, dedicadas con toda xustiza á escritora Xela Arias. Este premio é convocado para que participen, se queren, todos e cada un dos colexios do país galego, e o de Cabeiro, o cole dunha pequena parroquia de Redondela acadou a primeira posición, por riba de todos os demais participantes. […]

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Condado

Historia dun camiñante de Fornelos da Ribeira

A miña vida foi un camiño que se foi facendo o andar ignorando a distancia que tiña querecorrer, e que foi o que encontrei o camiñar. Habíaque continuar ata o final, cada segundo,neste vale de bágoas, estando cheos de vivencias atao final, porque tódalas vivencias, agradables unhas e desagradables outras, fixeron camiñoo andar. E neste traxecto dos 90 anos, case que noventa anos, está marcado de valorese ensinanzas,creadas en cada momento da miña existencia […]

Alcaldesa Ponteareas
Condado

Cristina Fernández Davila, Alcaldesa en funcións do Concello de Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Pepe Represas, viuse na obriga de renunciar ao seu cargo por problemas de saúde. Pepe vai ser substituído por Cristina, a número 2 da candidatura do BNG nas pasadas eleccións municipais. No momento de redactar este texto Cristina aínda é alcaldesa en funcións, pois non se celebrou o pleno que a designará alcaldesa da súa vila de maneira oficial […]

A xustiza non ten maiúsculas
Artigos de opinión

O trixésimo cuarto fragmento do diario de Senlúa Arraiana:

Sabía que aquel berrido era dunha voz coñecida. Non me sorprendió cando atopeime a Augazul sollozando no petril dun pequeno pozo. En canto se decatou da miña presenza sinaloume a boca do pozo. Había un corpo flotando na superficie. Non o dubidei e usando a corda da roldana baixei a por el. […]