As memorias de neno labrego do alcalde de Pontevedra
Cando o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, fala da súa nenez, trae a mente o Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Naceu en Sanxenxo en pleno franquismo, no 54, nunha familia de labregos con dúas vacas. A súa nai era costureira, dunha familia con posíbeis de Noalla que non vía con bos ollos que a nena casara con aquel rapaz pobre, fillo de solteira, por moi lido que fose. […]