GUERRA DE RESTAURACIÓN PORTUGUESA, 1640 – 1668
Ven do mes de marzo pasado…
…En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispuña (que serían como mil cincocentos soldados) chamou aos capitáns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificacións do enemigo.
Por esa parte o día seguinte, segunda feira, nove de setembro de 1641, ás oito horas da mañá. Repartiu a forza que dispuña en tres partes para facer o ataque por tres lugares distintos. Conduciron duas pezas de artillería de campaña con gran dificultade pola orografía, a cargo do capitán Antonio de Araujo de Sousa da ordenanza de Monção. Emplazáronas nunha trincheira a tiro de espingarda do reducto de Ponte Barxas dirixidos polo experto capitán de artillería Antonio Gonçalves.
Pola parte máis elevada ían unha parte das tropas o mando do sarxento maior de Caminha Lourenço de Amorim Pereira , con el ían os capitáns Mathias Osorio Rangel, Rodrigo de Moura Coutinho e reforzos de soldados da parte de Regalados e João Rebelo Leite de Guimarães. Atacaron un reduto guarnecido con máis de cento cinconta mosqueteiros que sairon derrotados, o destacamento estaba rodeado dun foso e moi ben protexido pola banda de Portugal cun muro de máis de dezaoito palmos, o primeiro que entrou nel foi un tal Cypriano Pinheiro de Queirós.
Deixaron alí a João de Sousa, alférez de Rodrigo de Moura Coutinho para destruir a instalación e os demáis seguiron perseguindo o enemigo até o lugar de Monte Redondo, onde gañaron tamén aquelas trincheiras, saqueando e queimando todo o seu paso, respeitando tan só as igrexas, que tivo cuidado o capitán Mathias Osorio para que non se lles fixera mal algún.
Na parte do medio ía na vangarda o capitán Gaspar Casado Maciel o que se lle agregaron dezaoito mancebos da nobreza de Monção, entre eles o capitán Gaspar Lobato de Lanzós, estes un tanto indisciplinados estiveron a piques de facer fracasar a operación, inda así atacaron outro reduto ficando todo arrasado.
No corpo de garda do enemigo todo ardeu, inclusive moitos quintais de pólvora, queimaron nove bandeiras, tomaron grande cantidade de armas alén das que arderon. Salvouse unha bandeira que o Xeneral entregou o mosteiro das monxas de Valença.
O terceiro corpo do exército levaba na vangarda o capitán Martím Coelho Vieira con quen ían João de Sousa, capitán maior de Melgaço, acompañado de boa xente do seu distrito e da ordenanza de Viana. Gañaron os redutos de Frieira, mesmo o da ponte, pero víronse obrigados á retirada e sufriron moitas cargas das guarnicións de infantería perseguindoos até que se reuniron co segundo grupo do exército.
No conseguinte contraataque, reunidos os tres corpos de exército, foron acometidos por unha grande forza de máis de tres mil soldados e seiscentos cabalos do enemigo. Retiráronse os portugueses desordeadamente, véndose en risco de un grande desbarate, mataron quince homes e apreixaron dez, feriron outros. Entre os presos, foi un João Rebelho Leite de Guimarães, despois de ferido en tres partes foi levado prisioneiro a Santiago. Na prisión soupo granxear medios de fuxir en compaña dos camaradas tamén presos, o alférez do capitán Mathias Osorio e Gaspar Nunes Freire, este por saber falar ben o castelán axudounos a pergueñar o xeito de facelo.
Na retirada tan desordenada, intentou o Xeneral con brava determinación e risco, pondo a súa persoa no medio da ponte para intentar detelos, que se deran de novo a disciplina, intentando que tornaran contra o enemigo decíndolles que seguiran os seus pasos dándolle exemplo, que non quería ter que darlles castigo, que non quería que fixeran máis que o que viran que el facía, porén eles presa do pánico xa tiñan a determinación de fuxir. A xente popular oposta ós nobres, unha vez que perde o respeito, e mui mala de reconducir, nesta ocasión fuxiron con determinación, cargados de despoxos e nin con ameazas puido o Xeneral retelos, deixando aos oficiais en gran afrenta e perigo pola Galiza adentro, con só uns trescentos Infantes contra a furia de tres mil do enemigo. Retiráronse estes ordenadamente traendo tras de sí a cabalería galega que os viña acosando.
Despois de recollérense en Portugal, viuse que ficaran algúns redutos por desfacer. Ordenou o Xeneral naquela tarde ós Capitáns Gaspar Casado, Rodrigo de Moura, Martím Coelho e Mathias Ozorio, que coas súas compañías e muitos aventureiros que os quixeron seguir, voltaran a Galiza a desmantelalos e arruinalos, como fixeron a vista do poder do enemigo que con muitas cargas os defendía, voltando xa de noite a os seus aloxamentos. Morreron nesta ocasión dous capitáns de Infantería do enemigo, un Axudante, un Alférez e cuarenta soldados.
A entrada do Porto dos Cabaleiros, estaba o groso do noso exército mandado por Diogo de Mello Pereira e Lopo Pereira de Lima, ambos irmáns. Na noite do oito de Setembro avisounos o Xeneral en Lamas de Mouro, da determinación de entraren tódalas tropas por aquela paraxe no día seguinte, segunda feira ás oito horas. Pondo os comandantes desta zona en orde de execución, fixeron primeiro mostra do seu poderío no domingo a tarde xunto a raia de Galiza . Porén, segundo afirman soldados experimentados que se encontraban nese debate, se entón chega a atacar o enemigo sería súa a vitoria. A ciencia da guerra consiste máis en saber coñecer as boas ocasións, que no saber pelexar.
Pasaron catro días de tranquilidade en que pareceu se tiña o ataque suspenso, máis foron avisados os Gobernadores por Sebastião Pita Soares e Antonio Pereira Pinto, que foron explorar o que pasaba na Ponte Barxas e como o Xeneral mandara entrar por aquela parte, fixéronse donos dun reduto e foron marchando todos cara o enemigo a cuxa vista formou o Sarxento maior Simão Pita Porto Carreiro os batallóns, en número de até cinco mil Infantes, conforme a lista que Domingos Mendes Tenente da Vila Nova tiña tomado.
Mandou o Xeneral dividir en dous trozos este exército. O da vangarda comandado polo Gobernador Diogo de Melo Pereira e o Capitán Don Vasco Coutinho, a quen seguiron entre outros, Amador Rodolfo, Chistovão Mausinho, Luis de Brito Freire, Martím Teixeira Coelho, Francisco de Azevedo Coutinho, Francisco Barbosa Pereira, Miguel da Cunha, Alférez do Gobernador de Melgaço, Theodosio Barbosa e Antonio de Barros.
No segundo grupo que formou a retagarda ía Lopo Pereira de Lima, quen envexoso das primeiras balas pasóuse a vangarda. A el seguiuno outro trozo a orden de Balthazar Pinheiro Lobo, cos capitáns da cidade de Braga, Bras Pereira do Lago, Ignacio Correa de Lacerda, Antonio Marreto Toscano, Constantino Barreto de Meneses, Pero da Cunha Souto Mayor, João Pereira do Lago, Antonio Vieira Cabral, Estavão de Oliveira, João Barreto Gavião, con toda a nobreza desta cidade e algúns capitáns de Barcelos.
Marchou toda esta xente dando volta a Chaã de Crasto, contra un gran reduto que o enemigo tiña alí ben cuberto de trincheiras e pasos atrancados de grosas paredes. Pola parte de Alcobaça marchou outro trozo o mesmo tempo as ordes do Sarxento maior Simão Pita Porto Carreiro contra outro reduto que o enemigo alí tiña con boa feitura de fortaleza, que recollería oitenta soldados de guarnición co séu foso e ponte levadiza e muitas trincheiras da parte de Portugal, que o facía máis defendible, dentro das cales aloxava a cabalería e o máis groso da súa xente. Ían neste trozo os capitáns da ordenanza de Viana e Ponte da Lima, João Bezerra Iácome, que caiu morto, Gonçalo Correa, Manoel Pacheco Pinto, Lopo Malheiro Barriga, Gaspar Soares Borges e Valentim Brandão Sarxento maior dos Arcos con xente do seu distrito, os de Coura, Regalados, Vimieiro e Tibãens. Na retagarda o capitán Francisco de Fonseca Ferraz.
A tropa da cabalería que investiu por esta parte, constava de muita xente da nobreza da comarca, gobernada por Francisco Pereira da Sylva, capitán de cabalos, señor da casa de Britiandos. Isto coñecido despois que os do primeiro trozo gañaran o monte e foran acometendo o enemigo nas trincheiras, algunas veces por pasos tan estreitos que obrigavan a desfilada até chegar a Chaã de Crasto e daí acometendo o reduto co valor que se esperaba de tan valentes capitáns, por medio dunha nube de balas, gañárono pondo en fuxida a xente do enemigo, con alguhas mortes. O grupo de Baltazar Cardoso Alférez de Dom Vasco Coutinho, foi o que con ousadía estrema enarbolou a súa bandeira.
O segundo trozo, con risco e determinación marchou contra o reduto da costa de Alcovaça. O enemigo non podendo resistir o empuxe dos nosos, comezou a súa xente a tirarse polas ladeiras, casi toda fuxiu e obrigou os oficiais a izar bandeira de paz o tempo que xa o trozo de cima viña marchando tamén contra eles. Dos que primeiro entraron no reduto foron Francisco Pereira Pinto, Manoel Pereira da Sylva, Simão Pita Porto Carreiro, Manoel de Araujo de Sousa, Sarxento maior de Melgaço, galego de nación alí casado, que despois fuxiu para Galiza. Rendéronse o Sarxento maior Dom Francisco de Solís uns capitanas e dezanove soldados alem de outros muitos mortos. Gañaron moitas armas de toda sorte de instrumentos de fortificación, algúns cabalos, mulas e outros despoxos. Desfixéronse neste día e nos seguintes todos eses redutos axudando no traballo Pero Vaz de Sousa coa sua xente que tiña entrado de refresco.
Tiña o enemigo nesta ocasión xuntado gran poder para facer xeral entrada e para iso tiña en Tuy tres mil Infantes, douscentos cabalos para marchar sobre Valença e para facer diversión tiña en fronte de Villa Nova de Cerveira na vila da Barca de Goián, mil homes alem da guarnición ordinaria. A causa de non entrar en Valença deuna un soldado noso mulato, que viñera de Flandes e se infiltrara en Tuy, algunha dificultades que se lle presentaron, impediron que nos dera aviso, foi preso por duas veces e finalmente o Gobernador de Tui mandou enforcalo.
Na causa de que os nosos vencerán estes redutos tan fortificados e gobernados por oficiales de tanta experiencia, entrenados por tan excelente capitán como é o Marqués de Valparaiso, teñen disculpa en parte porque vendo que no noso campo non se tiña mostrado máis poder que o que se conducira a Lamas de Mouro e tiña acometido por Ponte Barxas con estrondo de artillería, imaxinou que o ataque principal sería por outra parte, tendo desviada a sua cabalería e a maior parte da Infantería de socorro para impedir a entrada, ficando mui diminuido o poder que tiña para defenderse. En calqueira caso as nosas entradas conseguíronse felizmente sendo a cabalería enemiga de máis de seiscentos homes e a nosa mui limitada. Eles perderon todos os redutos e sufriron o incendio dos lugares referidos. Continuará.
Salvaterra a 17 de maio, día das LETRAS GALEGAS 2022
(Crónicas da guerra Duriminia, Dr. João Salgado de Araujo, Lisboa 1644)