Etiqueta: 25 de xullo

25 de xullo, Día da Patria

Dende as soutas planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías mainas de Pontevedra, oureladas de piñeirais; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas de entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o cume do Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria!”

Read More

Unha Galiza sen límites

Con todas as medidas de seguranza necesarias nunha situación de pandemia aínda complexa, volta a mobilización nacional a Compostela neste Día da Patria Galega. Día de celebración mais tamén de reivindicación. No 25 de xullo estaremos na rúa para reclamar unha Galiza sen límites, quer dicir: un País novo que non continúe a ver limitado o seu futuro como consecuencia da subordinación política e do espolio económico a que historicamente está sometido.

Read More

Redondela celebra o Día Nacional de Galicia

Este sábado 25 de xullo o Concello de Redondela organizou o seu tradicional acto institucional para celebrar o Día Nacional de Galicia. A alcaldesa, Digna Rivas, recibiu na Casa do Concello a Guadi Galego, e foi convidada a escribir unhas palabras no libro de honra do Concello de Redondela. Dignas Rivas apunta que “Guadi ten demostrado sempre un gran amor pola cultura galega e unha implicación na loita feminista. Dende o noso concello queremos recoñecela e trasladarlle a nosa forza para que acade máis éxitos de cara ao futuro porque tamén serán éxitos para Galicia”

Read More

25 de Xullo. Día Nacional de Galicia

O pasado sábado foi o día nacional do meu país, porén foi un 25 de xullo diferente. As circunstancias sanitarias que vive a humanidade, inmersa na loita contra a pandemia vírica do coronavirus, fixeron que por primeira vez en varias décadas non estivera percorrendo as rúas de Santiago canda milleiros de homes e mulleres que, coma min ,queremos expresar tanto a nosa convicción de que Galicia é unha realidade singular no mundo, nin mellor nin peor que ningunha outra

Read More
Loading