Balonman Cañiza
Condado

Rubén Fernández. Presidente do Balonmán A Cañiza

A Nova Peneira conversa con Rubén Fernández, unha persoa apaixonada do balonmán, cunha traxectoria e unha vida dedicada ao Club da Cañiza, primeiro como xogador e agora, con dez anos na súa presidencia, cun proxecto dun equipo levado no corazón e feito por e para o pobo […]

Manuela Rodríguez Pumar voceira Do BNG no concello de Gondomar
Val Miñor

Manuela Rodríguez Pumar voceira Do BNG no concello de Gondomar

Despois de 7 anos fóra do concello o BNG recuperou a representación institucional, en Gondomar, na persoa da veciña de Peitieiros Manuela Rodríguez, unha muller moi vencellada co tecido asociativo e as loitas veciñais da sociedade civil desde hai moito tempo. Nós conversamos con ela […]

A CIG denuncia un suposto caso de acoso na empresa Plastic Omnium de Redondela
Redondela

A CIG denuncia un suposto caso de acoso na empresa Plastic Omnium de Redondela

O pasado 4 de xuño un grupo de delegadas e delegados da central sindical nacionalista concentrábase ás portas do xulgado do social nº 7 de Vigo en solidariedade cunha traballadora da empresa Plastic Omnium de Redondela que denunciou un suposto caso de acoso laboral con agravante de xénero […]

Petanca Arcade
Redondela

Club Petanca Arcade

O paseo que discorre desde o peirao de Arcade ata a ponte de Ponte Sampaio é dunha beleza superlativa. Moi cómodo para realizar, e dunha distancia pequena para percorrer na que poderemos apreciar distintas zonas que poderían figurar na máis fermosa das postais […]

Miguel Borines
Redondela

Miguel Borines

Miguel leva 37 anos en Tanxarina. É un dos referentes do universo cultural de Redondela e non podía quedar fóra das nosas páxinas […]

Balonmán Chapela
Redondela

O Balonmán Chapela unha realidade inserida no máis profundo da parroquia

O balonmán é un dos sinais de identidade da parroquia de Chapela. O seu equipo con máis de 50 anos de historia xa é unha parte indisoluble da socioloxía de todas e todos os bereteiros. E para nós é un pracer achegarnos onda eles a coñecer como lles van as cousas e conversar con María, a filla do histórico Soto, a súa actual presidenta que é boa xestora, mellor persoa e grande amiga da nosa casa. […]

Ornela Fernández Salgado BNG Vilaboa
Morrazo

Ornela Fernández Salgado Voceira do BNG de Vilaboa

Despois de compartir goberno en Vilaboa co PSOE, bastante tempo, o ano pasado os nacionalistas tomaban a decisión de deixalo, após diversas discrepancias co seus ex socios no momento de producirse o relevo da alcaldía en Vilaboa tras a dimisión de Francisco Costa e a chegada de César Poza. Nós achegámonos a conversar con Ornela ,a voceira do BNG, para coñecer a súa visión da realidade política local […]

Xurxo Agra
Morrazo

Xurxo Agra , o “Willy Fog “ de Marín

As persoas da miña xeración gozamos nos últimos días da nosa infancia cunha serie televisiva de debuxos animados de enorme éxito chamada :”A volta ao mundo de Willy Fog”, baseada na marabillosa novela de aventuras de Jules Verne “ A volta ao mundo en 80 días” na que o seu intrépido protagonista Phileas Fogg logra rodear o globo terráqueo nese número de días , despois de múltiples peripecias, para gañarlle unha substanciosa aposta económica aos seus colegas dun club británico […]