Paula Domínguez Pauleta Concello de Redondela
Redondela

Paula Domínguez “Pauleta”

Paula é unha moza de Redondela, que é a estrela dun dos equipos máis importantes da península Ibérica, e non creo que tarde moito en selo de toda Europa, o Benfica de Liboa. O equipo masculino leva toda a vida na elite do fútbol europeo, pero, nunha mostra máis da discriminación que sofre a muller en todos os ámbitos, o feminino apenas ten un par de anos de vida […]

Xespi entreveras
Condado

VI Festival de Poesía “ENTREVERBAS”

Os pasados 25 e 26, na parroquia de Cabreira, no concello de Salvaterra, celebrouse a VI edición deste festival de poesía. A existencia, e persistencia no tempo, deste tipo de eventos que pretenden a difusión cultural e defenden o uso das verbas como imprescindible instrumento en calquera interacción humana é unha magnífica nova […]

Ornela Fernández Salgado Voceira do BNG de Vilaboa
Morrazo

Ornela Fernández Salgado Voceira do BNG de Vilaboa

Neste concello produciuse, o pasado mes de agosto, un cambio de alcalde en circunstancias verdadeiramente estrañas. Nos últimos 9 anos semellaba unha localidade cuxa situación política era moi previsible, alcaldía para o PSOE do alcalde Poceiro, e a tenencia de alcaldía para os nacionalistas da brillante Ornela Fernández. A placidez e a atonía política eran a tónica en Vilaboa e non se agardaba ningún tipo de sorpresa que supuxera un cambio. Porén todo mudou tras a dimisión de Poceiro […]

XXI Festival de Títeres e Redondela
Redondela

XXI Festival de Títeres e Redondela

Desde hai dúas décadas, cada ano, cando agroman as flores de abril a sociedade redondelá agarda ilusionada a unha nova edición do seu festival de títeres que adoita celebrarse nos meses de maio ou xuño. Desta volta a situación sanitaria fixo imposible que se desenvolvese nas datas habituais. Porén o entusiasmo, o interese e a vontade inquebrantable dos seus organizadores logrou que a súa maxia seguira asolagando de ilusión aos corazóns da veciñanza de Redondela, e neste mes de setembro, nun formato máis reducido, puidemos gozar dunha nova edición do festival […]